Noia e Porto do Son colaboran nun proxecto conxunto para a mellora enerxética

    PORTO DO SON> A Consellería de Economía e Industria subvencionará un proxecto de eficiencia enerxética promovido conxuntamente polos concellos de Noia e Porto do Son. A actuación consistirá na substitución das luminarias de sodio por tecnoloxía LED nas parroquias de Miñortos e Boa. Xa hai anos que os concellos de Porto do Son e Noia veñen mantendo esta liña de colaboración para promover actuacións conxuntas que permitan aforrar custos. A que esta mañá supervisou o Conselleiro de Industria permitirá un aforro enerxético considerable que se traducirá nunha redución dos custes eléctricos anuais en máis de catro mil euros. A substitución das farolas realizarase en varios núcleos das parroquias de Miñortos e Boa. Francisco Conde felicitou ós dous alcaldes pola boa sintonía que permite acometer actuacións conxuntas e animounos a seguir nesta liña de traballo baseada na eficiencia enerxética.