RIANXO> Como xa acontecera este pasado sábado coa disputa da bandeira Barbanza Arousa da Liga Eusko Label, Rianxo volverá a centrar este domingo boa parte da atención do remo a nivel galego coa disputa da dezaoito edición da Bandeira de Traiñas Concello de Rianxo, en categoría masculina, e a segunda Bandeira Cortizo, para categoría feminina. A competición arrancará as once da mañá coa proba feminina para a continuación darlle paso ós homes.
O Club anfitrión agarda poder facer un bo papel diante da súa afección nas dúas regatas, nun ano especialmente complicado para as dúas tripulacións senior, tanto a masculina coma a feminina
Dende o Concello animan a asistir a presenciar estes dous eventos deportivos de máximo nivel, nun deporte tan tradicional como é o remo.
As dúas regatas desenvolveranse cumprindo escrupulosamente tódalas medidas de seguridade e a normativa anticovid.