A Pobra vivirá esta fin de semana a III Concentración Moteira ‘Sinfrenos’

    POBRA> A actividade, quer se desenvolverá nas xornadas do sábado e o domingo, está organizada polo Motoclub Sinfrenos. Os amantes das dúas rodas terán unha cita esta vindeira fin de semana na Pobra do Caramiñal coa celebración da terceira edición da concentración moteira ‘Sinfrenos’. A actividade, organizada polo Motoclub Sinfrenos, desenvolverase en dúas xornadas, o sábado 16 e o domingo 17, con múltiples actividades previstas. Dende o propio concello, que xunto a outras entidades colabora coa concentración, destacouse a importancia desta actividade, que de seguro será atractiva para o municipio, xa que ademais de aumentar a oferta lúdica na fin de semana, repercutirá positivamente na economía dos negocios locais. Dende a organización agardan a que todo saia sobre o previsto, cunha estimación de participantes que podería rondar as catrocentas motos, a maioría da comarca, aínda que tamén doutros puntos de Galicia e mesmo de comunidades próximas, como tamén Portugal.