RIBEIRA> A concelleira de Cultura de Ribeira presentou esta mañá as obras gañadoras do concurso de carteis e postais de Nadal promovido polo concello. Triana García e Antía Prol son as autoras das creacións que ilustrarán o Nadal ribeirense.
Este debuxo dos Reis Magos cun fondo azul será a imaxe da cartelería do concello de Ribeira durante este Nadal. A súa autora é a pequena Triana García, de seis anos, que cursa primeiro de primaria na Milagrosa de Oleiros. As postais e felicitacións que enviará o concello levarán impresa esta árbore coas cores da inclusión, realizada pola alumna do colexio Galaxia, Antía prol, de 11 anos.
Ademais de ser imaxe do Nadal ribeirense, as dúas recibiron un cheque regalo por valor de 150 euros a consumir no comercio local. Ademais da alta participación, a concelleira destacou a gran calidade das obras presentadas a concurso.