Conde trasládase a Cambados para coñecer o proxecto de expansión de Svenska Bearing

    CAMBADOS> Visita do conselleiro de Economía e Industria a Cambados. Francisco Conde comprobou sobre o terreo os plans de expansión da compañía Svenska Bearing, ubicada no polígono de Sete Pías. A firma está a investir case 4 millóns de euros na construción de dúas novas naves industriais e na incorporación de maquinaria de última xeración.

     

    A expansión da compañía, na que máis do 70% dos seus provedores son galegos, supón un paso máis no compromiso que, aseguraron, teñen coa innovación e o desenvolvemento de produtos de tecnoloxías intelixente. Svenska Bearing exporta máis do 95% da súa produción, principalmente á Unión Europea, e conta co 35% do mercado mundial de bucinas para maquinaria do sector naval. Segundo o conselleiro, as previsións de crecemento da compañía son dun 12% para o 2015. Na actualidade, a compañía emprega a 35 persoas altamente cualificadas e, segundo o seu presidente, a intención é continuar ampliando o número de postos de traballo.