CCOO denuncia que Aguinchos segue a incumprir a normativa laboral

    aguinchos_100.jpgVILAGARCÍA> O persoal encargado do servicio de Cafetería e Cociña no Hospital do Salnés está sometido a intensas presións e ven como non se…

    {flowplayer}images/salnes/141009_aguinchos.flv{/flowplayer}

     … cumpren con eles a normativa en materia de contratación, o convenio e as súas condicións laborais. Esta situación reiterada por parte da empresa concesionaria Aguinchos foi denunciada esta mañá polo Sindicato Comisións Obreiras e dous dos seus desempregados.

    O sindicalista Ramón Bueno, avoga pola presión sindical para seguir conseguindo que se cumpran os dereitos dos traballadores que a empresa non respecta. Fai escasos días, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a sentencia dun xulgado de Pontevedra no que se declaraba como improcedente o despido de Francisco Portas, encargado nos últimos anos deste servicio. É o propio Francisco ó que dá conta do xeito de actuar da empresa ca plantilla.

    Outro caso similar que se deu nos últimos días é o de Eduardo González. A pesar de entender que se trataba dun despido improcedente, este traballador veuse obrigado a deixar de loitar polos seus dereitos ó non soportar a presión psicolóxica á que o someteu a empresa na que traballaba.

    A esto hai que engadir que a Inspección de Traballo ven de publicar unha nova resolución na que insta á empresa a contar en menos dun mes cunha plantilla mínima de trece persoas indefinidas.

    Redacción Salnés