Os afectados polas preferentes “toman” Pontevedra

     PONTEVEDRA> Tal e como ameazaron, os afectados polas participacións preferentes recruecen as súas mobilizacións…

    {flowplayer}images/salnes/preferentes_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … cando quedan pouco máis de quince días para que comece o proceso de troco das participacións preferentes de Novagalicia Banco por accións da entidade; mediando unha quita de entre un 30 e un 70 %.

    Estes aforradores concentráronse esta mañá diante das distintas oficinas que Novagalicia ten na Cidade do Lérez e da Deputación Provincial para reclamar que se continúa co proceso da arbitraxe e que se lles devolva a todos e cada un dos afectados a cantidade íntegra dos seus aforros.

    Entre os manifestantes volvemos a encontrar moitos veciños das Rías Baixas, especialmente chegados dos dous lados da Arousa onde se atopan pechados nos Concellos de Sanxenxo e de Boiro. O proceso da arbitraxe parece estancarse, o que inquieta aínda máis ós afectados ós que comeza a esgotárselle a paciencia. Ó parecer as reivindicacións de hoxe xa tiveron o seu primeiro froito.

    Representantes da Deputación provincial, co seu Presidente á cabeza, recibíronos no Salón de Plenos esta mesma mañá, e anunciaron que ían a apoiar, na medida das súas posibilidades, as súas reivindicacións. Antes e durante esta xuntanza, os afectados foron atendidos tamén por varios Alcaldes de diferentes Concellos nos que hai creadas estas plataformas.

    Estas mobilizacións repetíronse tamén esta mañá fronte as outras tres Deputacións Provinciais Galegas baixo a convocatoria de ADICAE, a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros.

    Redacción Salnés