O PP de Boiro sitúa a residencia da 3ª idade como un dos piares do seu programa

    BOIRO> O actual alcalde de Boiro e candidato á reelección polo Partido Popular, Xoán Xosé Dieste, leva como principais propostas de cara a vindeira lexislatura a promoción económica e o desenvolvemento de políticas de benestar social que contribúan á mellora da calidade de vida dos seus veciños. A construción da tan ansiada residencia para a terceira idade será unha prioridade. As políticas do benestar social que o Partido Popular boirense leva no seu programa de goberno inclúen unha serie de propostas encamiñadas a mellorar as condicións de vida dos veciños do municipio. Unha destas accións irá precisamente destinada ó colectivo máis vello da poboación coa construción da tan demandada residencia para a terceira idade pero non será o único. A creación de emprego a través de distintos plans e programas, fundamentalmente dirixidos a aquelas persoas con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo, será tamén unha das súas prioridades na próxima lexislatura no caso de que os populares continúen na alcaldía. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/pp_boiro_servizos_sociais_e_emprego_1405151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14//pp_boiro_servizos_sociais_e_emprego_140515.mp4{/flowplayer}