O PSOE espera duplicar as alcaldías nesta lexislatura

    modestopose100_140607.jpgPONTEVEDRA > Os resultados electorais do PSOE foron bos, en Galicia e na provincia de Pontevedra. Así o dixo onte o coordinador …

    … provincial do partido en Pontevedra, Modesto Pose, na xuntanza do consello provincial.

    A valoración dos socialistas nesta provincia faise, sobre todo en relación ós resultados do BNG, historicamente o seu principal competidor. Na provincia de Pontevedra o PSOE subiu dun 23’9 a porcentaxe de voto a un 26’9 por cento, o que lle supuxo pasar de 197 edís a 234. Se embargo, o BNG baixou en 2 puntos a súa porcentaxe de voto, cando no resto de Galicia o mantivo ou mesmo subiu, caso de Lugo e Ourense.

    En comparación co PP, o PSOE lóase de poder duplicar o seu número de alcaldías, algunhas con maiorías recuperadas, caso de Catoira e A Illa, e outras a expensas de pactos. Pose recoñece que os populares manteñen a súa potencia na provincia pero lembra que non terá alcaldías importantes, como Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, A Estrada ou Silleda.

    Os novos concelleiros e alcaldes do partido socialista poderán participar nun curso de formación acelerado sobre a estructura municipal. A primeira charla será mañá pola tarde.

    Redacción Salnés