Vilagarcía prepárase para catro días de diversión e devoción da man de Santa Rita

    VILAGARCÍA> A vindeira semana Vilagarcía celebrará a segunda festa máis importante do ano. Despois das Festas de San Roque, no mes de agosto, as de Santa Rita son as máis populares no municipio, polo que o concello xa ten listo un programa cheo de actividades. Atraccións, mercadiño medieval e música, son algunhas das propostas.

     

    Devoción e festa mesturaranse por igual a vindeira semana en Vilagarcía. A partires do mércores 20 a vila acolle as festas na honra a Santa Rita, as máis populares despois das de San Roque do mes de agosto.

    A programación supera as 20 actividades. Para o xoves pola noite están previstos dous concertos. Ás 9, Pablo Vidal Trío no auditorio. Ás 11 será a quenda do grupo de soul e gospel Freedonia, no Parque da Xunqueira. Como novidade, o concello tamén ten preparado un recital poético, Alma.

    Un concerto de DJ’s, outro de Mocedades e a orquestra París de Noia, son as propostas para venres, sábado e domingo, respectivamente. O mercado medieval, actividades para os máis pequenos, pasarrúas e procesións, manteranse os catro días de festa. Tamén as atraccións e os postos do Parque Miguel Hernández.

    Segundo Llovo, este 2015 as festas de Santa Rita contarán cun orzamento moi semellante ao do ano anterior.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/15/programa_festas_santa_rita.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/15/programa_festas_santa_rita.mp4{/flowplayer}