RIBEIRA> O Centro de Información á Muller de Ribeira presentou o resultado de varias actuacións desenvolvidas no primeiro trimestre do curso escolar con alumnado da ESO. Trátase dunha guía ilustrada sobre igualdade e unha aplicación para móbiles encamiñada a promover o uso seguro das redes sociais. As numerosas actividades desenvolvidas polo departamento de Servizos Sociais en colaboración cos centros educativos tiveron como resultado unha guía e unha aplicación para Android que recollen os contidos tratados cos alumnos da ESo dos diferentes centros do municipio. A guía, con ilustracións de estética manga, deseñadas polos propios alumnos establece os conceptos claves para promover a corresponsabilidade e a igualdade de xénero como medida para previr a violencia no fogar. A aplicación para móbiles, que se poderá descargar a través dun enlace na web do concello, ten por obxectivo alertas das consecuencias de certos comportamentos nas redes sociais de xeito que se garanta un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías. Estas dúas ferramentas pretenden ir máis aló do ámbito educativo converténdose en guías útiles para a cidadanía en xeral.
Inicio Barbanza - Muros - Noia