Cambados, Meis e Ribadumia únense na súa loita contra a violencia machista

    CAMBADOS> O vindeiro 25 de novembro celebrarase o día Contra a Violencia Machista. Unha lacra que aínda está moi presente na sociedade. Cambados, Meis e Ribadumia, organizaran diferentes  actividades durante os meses de novembro e decembro, a fin de concienciar e atallar este problema. 

     

    Os concellos de O Salnés únense unha vez máis en contra dun problema que ameaza a sociedade; a violencia machista. O vindeiro 25 de novembro celebrase o Día Mundial Contra a Violencia Machista, unha efeméride que dende os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia, non queren deixalo na lectura de manifesto. Por iso este luns representantes de este concellos presentaron unha programación de actividades que se celebraran durante os meses de novembro e decembro. 

    Actividades tales como almorzos con emprendedoras, lecturas do manifesto, unha carreira solidaria ou un curso gratuíto en defensa persoal, son só algunhas das actividades programadas para os vindeiros meses. 

    Ao longo das vindeiras semanas o CIM da Mancomunidade de O Salnés irá poñendo a disposición de todo aquel que queira a información de cómo colaborar con estas actividades, asistir ou participar. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/ptac_salnes_morado_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/ptac_salnes_morado.mp4{/flowplayer}