Boiro acolle este domingo o III Barbantia Cross

BOIRO> A Sociedade Deportiva Barbantia Roda, en colaboración co concello de Boiro, organiza a terceira edición da Barbantia Cross. A proba terá lugar o próximo domingo 21 de maio e nela tomarán parte tódalas categorías, dende pequenos a maiores. Boiro será escenario o próximo domingo 24 de maio da terceira edición da Barbantia Cross, unha proba organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda, en colaboración co concello, e que se desenvolverá na zona deportiva de Vista Alegre. O circuíto para a categoría absoluta será de once quilómetros por campo a través. Para o resto de categorías, que van dende os catro ós 14 anos, haberá distintas lonxitudes en función da súa idade. O atleta do Ximnástica de Pontevedra, o lituano Robertas Geralavicius, será ademas o padriño da proba. O horario de saída será a partir das dez da mañá para as categorías insfantís, mentres que a absoluta terá lugar ás once.As inscricións aínda poderán realizarse ata o próximo mércores na web: www.emesports.es.Haberá premios para os primeiros clasificados de cada categoría. Dende a organización agardan a que a carreira transcorra con normalidade e sen incidentes, que prevaleza o seu aspecto lúdico e deportivo e se supere o número de participantes de edicións anteriores.