O PSOE de Ribeira reúne ó sector do mar

    RIBEIRA> O PSOE de Ribeira continúa cos seus actos de campaña dirixidos a diferentes colectivos profesionais. Este sábado desenvolveron un acto sectorial con representantes da pesca ó que asistiu a deputada no parlamento, Marisol Soneira. A necesidade de defender os intereses da flota galega, especialmente en vilas como a de Ribeira, que vive fundamentalmente do mar centrou boa parte do acto sectorial desenvolvido este sábado polo PSOE. Traballadores do mar e representantes de asociacións e confrarías asistiron á xuntanza sectorial que contou coa presenza da voceira socialista de Pesca no Parlamento, Marisol Soneira. A deputada repasou as xestións realizadas polo grupo parlamentario, non só ante a Xunta, senón tamén diante dos gobernos español e europeo para lograr unha maior competitividade do sector do mar en Galicia, a principal rexión europea en materia de Pesca. Soneira abordou a necesidade de conseguir unha maior cota para a flota, en especies como a xarda e o xurelo, ou garantir o futuro do xeito. Tamén incidiu na necesidade de establecer mecanismos aduaneiros que limiten a entrada de produtos do mar foráneos que supoñen unha competencia desleal para a nosa flota.