Lores propón un ‘transporte a demanda’ aos taxistas en lugar dun autobús urbano

PONTEVEDRA> Establecer un transporte a demanda é unha das medidas que recolle o programa electoral do BNG.

Esta mañá, o alcaldable Miguel Anxo Fernández Lores trasladou o proxecto a representantes dos taxistas da cidade; unha medida coa que pretenden atender as necesidades dos veciños do rural que non teñen vehículo privado e necesitan desprazarse ata o centro. En lugar de crear un servizo de autobuses urbano, a idea de Fernández Lores e o seu equipo é que varios veciños se xunten e, desde o servizo de transporte a demanda, se lles envíe un taxi. Despois do encontro, os taxistas amosáronse satisfeitos coa idea, xa que ven nela unha axuda para conseguir máis traballo.