Día histórico para Rías Baixas: primeira vendima de ratiño co selo da Denominación de Orixe

BARRO> Primeira vendima da variedade ratiño amparada polo selo da Denominación de Orixe Rías Baixas. Despois de anos de investigación e procesos administrativos para a súa legalización, esta será a primeira colleita na que se comercialice esta uva branca centenaria baixo o amparo da DO. Detrás deste traballo está Viña Moraima, unha adega de Barro que vive esta campaña con moita ilusión. Con 900 metros de viñas inscritas no consello regulador, agardan elaborar unhas mil botellas do que chamarán Moraima Ratiño.

Xornada histórica para Rías Baixas, coa primeira vendima da uva branca Ratiño amparada polo selo da Denominación de Orixe. Unha variedade autóctona centenaria que viviu un longo proceso de investigación e trámites administrativos ata chegar aquí, co impulso da adega de Barro Viña Moraima. Hoxe, nun día que levaban 10 anos agardando, amosaban a súa satisfacción polo resultado do seu traballo.

E baixo o amparo da DO Ría Baixas sairá ao mercado coa denominación de ‘Moraima Ratiño’. Un lanzamento, explican, que xera moitas expectativas.

E cales son logo as diferenzas do albariño coa uva branca ratiño?

Tendo en conta a superficie cultivada desta variedade, a vendima do ratiño desenvolveuse só ao longo desta xornada. Agardan elaborar unhas mil botellas.

E aínda que no mercado estadounidense teñen interese en mercar todas as botellas, na adega queren tamén vender aquí para dar a coñecer esta variedade. De cara ao futuro, avanzan, o obxectivo é expandir o ratiño para que gañe peso.

E a longo prazo, do mesmo xeito que os inicios da propia Denominación de Orixe, soñan con medrar ata tal punto que o ratiño se converta nunha opción competitiva dentro do mercado nacional e internacional.