Pontecesures estrea albergue de peregrinos

alberguepontecesures copia.jpg PONTECESURES> O edificio, situado na Estrada das Escolas, ofrece 53 prazas de aloxamento para as persoas que fan o Camiño Portugués.

{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_ALBERGUE_PONTECESURES.flv{/flowplayer}

A directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, desprazouse esta mañá a Pontecesures para asistir á inauguración do novo albergue de peregrinos do Camiño Portugués. O edificio está situado na Estrada das Escolas, un entorno que se rehabilitou unindo catro antigas vivendas de mestres e que agora ofrece 53 prazas de aloxamento ás persoas que fan o camiño.

A inauguración do inmoble vén precedida de certa polémica, posto que a súa apertura estaba prevista para o pasado Xacobeo 2010. Pero á marxe desta cuestión, no acto de inauguración optouse por subliñar as características da infraestrutura e o servizo que ofrecerá ós milleiros de peregrinos que percorren cada ano o Camiño Portugués.

O albergue consta de dúas plantas. No primeiro andar sitúase a cociña, o comedor, os baños a lavandería e o dormitorio acondicionado para persoas con mobilidade reducida. O segundo piso distribúese en dous dormitorios coas 52 prazas restantes máis os aseos.

O Camiño Portugués é a segunda ruta xacobea máis transitada despois do Francés. De feito, no pasado ano, pasaron por el más de vinte e dúas mil persoas.

Redacción Salnés