Gómez Besteiro anima á veciñanza a apoiar o proxecto do socialista Fran Pérez para Noia

NOIA> O delegado do goberno en Galicia desprazouse ata Noia para acompañar ó candidato socialista á alcaldía nun percorrido pola vila. Animaron á cidadanía a apoiar o proxecto encabezado por Fran Pérez que aposta pola dinamización económica e os dereitos sociais.

O candidato do PSdeG á alcaldía de Noia, Fran Pérez, segue adiante cos distintos actos de campaña. No desta mañá estivo acompañado polo delegado do goberno en Galicia que animou ós noieses a apoiar o proxecto socialista baseado na defensa dos dereitos da veciñanza. Aproveitando a presenza nunha localidade costeira como Noia que depende en gran medida do marisqueo, José Ramón Gómez Besteiro, destacou a impotancia da Lie de Pesca Sostible.

Precisamente, a aposta polo sector do mar é unha das prioridades do candidato socialista para garantir a dinamización económica do municipio. E o turismo, outro dos piares da economía noiesa ocupa boa parte do programa socialista tanto dende a vertente patrimonial, histórica e natural como doas súas potencialidades gastronómicas.

Fran Pérez referiuse tamén á necesidade de desenvolver máis chan industrial  para o que será preciso darlle o pulo defintiivo á aprobación do PXOM.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí