Os concellos do Barbanza xestionarán o servizo eléctrico de xeito mancomunado

    servizomancomunado.jpgBARBANZA> Os concellos de Arousa Norte aforrarán entre un 12 e un 16 por cento no servizo eléctrico tras firmar un acordo co grupo Gas Natural Fenosa.

    {flowplayer}barbanza/servizomancomunado.flv{/flowplayer}

    Os alcaldes de Rianxo, Boiro e Pobra asinaron este xoves un convenio de colaboración cos representantes do Grupo Gas Natural-Fenosa polo que se establece un novo contrato para a prestación do servizo eléctrico de xeito mancomunado. Esta previsto que nos próximos días, o rexedor ribeirense que non puido asistir ó acto por motivos de axenda, asine tamén o convenio.

    Segundo explicou o representante da compañía eléctrica, o convenio permitirá o aforro de entre un doce e un dezaseis por cento con respecto á facturación do último ano xa que a contratación dunha potencia inferior ós dez quilovatios, tal e como determina o Ministerio de Industria, permitirá prestar o servizo de xeito eficiente reducindo custos.

    Máis servizos comúns

    Os alcaldes valoraron moi positivamente este primeiro paso cara a prestación de servizos de forma conxunta que permitirá aforrar nesta época de dificultades económica. Precisamente nesta liña seguirán traballando na xestión mancomunada doutros servizos como o matadoiro ou a canceira comarcal.

    Agardan que o acordo repercuta nunha mellora no benestar social e na calidade de vida dos máis de setenta mil habitantes dos catro concellos de Arousa Norte.

    Redacción Barbanza