O goberno estende o Réxime Especial da Seguridade Social dos traballadores do mar

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/fatima_banez_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/19/fatima_banez_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> O Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar estenderá a súa aplicación. Unha nova lei na que está a traballar o goberno incluirá neste réxime a redeiros por conta allea, traballadores de plataformas petrolíferas e da acuicultura, mergulladores profesionais e autónomos de mariña mercante. A Ministra de Emprego fixo este anuncio durante unha visita ao Centro de Formación Marítima de Bamio.

O goberno traballa nunha nova norma que regule a protección social dos traballadores do sector marítimo pesqueiro. Segundo a Ministra de Emprego, a redacción da lei xa está moi avanzada, e permitirá substituír a normativa actual.

Entre as liñas mestras anunciadas hoxe por Bañez, destaca a extensión do ámbito de aplicación do Réxime Especial dos traballadores do mar. 

A nova norma recollerá tamén aspectos e programas que complementan a protección social, como a sanidade marítima, a acción social e a formación marítima e sanitaria. Tamén definirá por primeira vez aos beneficiarios da protección social específica.

En materia de emprego, a Ministra insistiu en que España está a saír da crise grazas ás reformas do goberno de Mariano Rajoy. 

Fátima Bañez pechou o seu discurso marcándose un desafío: acadar os 20 millóns de ocupados en España nos vindeiros anos. Unha cifra que, asegurou, axudaría a garantir que a recuperación económica chegou a todos os españois.