Pablo Dapena fai historia proclamándose o novo campión do mundo do triatlón de longa distancia

Pontevedra> A presenza da delegación de Pontevedra en Dinamarca deu boa sorte aos deportistas galegos, xa que Pablo Dapena fixo historia e convértese no novo campión do mundo do trialtón de longa distancia. Dapena terá agora a oportunidade de defender o seu título na casa, coa celebración do ITU Multisport entre abril e maio do 2019.

Tras unha dura carreira, Dapena conseguiu entrar na meta tras cinco horas, 19 minutos e 35 segundos. Foi dous minutos e medio máis rápido que o segundo clasificado, o suízo Ruedi Wild. O terceiro posto foi o estoniano Marko Albert. Unha proba, disputada en Fyn, Dinamarca, onde Pablo Dapena sempre se mantivo nos postos de cabeza. O tramo final da proba, no que Dapena mantivo un ritmo envexable, foi case un paseo para el, no que estivo pendente de controlar aos seus rivais e de gozar da competición.Na liña de meta esperáballe unha nutrida representación pontevedresaque, á súa chegada, celebraron a súa vitoria. Pablo Dapena terá agora a oportunidade de defender o seu título na casa, xa que o ITU Multisport celebrarase en Pontevedra en 2019.