Telmo Martín proxecta investir 7,6 millóns en ‘abrir Portonovo ó mar’

SANXENXO> O candidato á alcaldía de Sanxenxo, Telmo Martín, anuncia un investimento de máis de sete millóns e medio de euros para abrir Portonovo ó mar. A vila mariñeira centrará o proxecto estrela dos populares, que planean recuperar a fachada marítima cunha gran praza, un aparcamento soterrado para case trescentos vehículos e melloras na estrada á Lanzada. O PP de Sanxenxo proxecta reconverter Portonovo para volver a ser unha vila mariñeira, aberta o mar. Faráo a través de cinco actuacións: a renovación do Parque do Espiñeiro, a construción do novo Club de Piragüismo, mellorar a estrada á Lanzada desde Rafael Picó, unha senda peonil desde o porto a Canelas, e o plan estrela, unha gran praza de oito mil metros cadrados no espigón do porto con parking soterrado para 290 coches. En total 7,6 millóns de euros dos que o concello só poría medio millón. O resto, outras institucións públicas agás a praza, que se financiaría coa explotación do parking. En canto a prazos, Martín calcula que todo podería estar rematado ó final da lexislatura, excepto a praza pública con parking. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/20/TELMOPORTONOVO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/20/TELMO_PORTONOVO.mp4{/flowplayer}