Volven con traballos de investigación na vivenda de Julio Araújo en San Mauro

[

A casa de Julio Araújo de San Mauro, na vivenda onde vivíu ao comezo da súa relación con Sonia Iglesias, volve a estar acordoada .

Máis de 20 axentes da policía  Nacional están presentes nestes traballos de investigación.

Nestes intres está presente o camión do Subsuelo da Policía Científica. Arestora están realizando traballos de excavación na finca da vivenda.

Onte realizaron un rexistro de 11 horas nesta vivenda. Hoxe retoman as investigacións no mesmo punto.