
VILAGARCÍA> O Partido Socialista de Vilagarcía aposta por unha vila máis humanizada. No marco do seu programa, Alberto Varela recolle actuacións nas avenidas de Pontevedra e Rosalía de Castro, consideradas como as dúas entradas a Vilagarcía. A súa aposta pasa por dotalas de árbores, anchear as beirarrúas e construír un carril bici.
Para Varela, as avenidas de Pontevedra e de Rosalía de Castro son a tarxeta de presentación de Vilagarcía. Por iso, o seu programa recolle actuacións para avanzar na súa humanización.
Nos dous casos, a súa proposta pasa por dotalas de árbores, anchear as beirarrúas cando fora posible e construír un carril bici, como un xeito de potenciar este vehículo.
Segundo Varela, a súa intención é continuar un modelo que xa avanzou o anterior goberno socialista, peonalizando varias rúas do centro de Vilagarcía.
Buscar bolsas de aparcadoiros para compensar as prazas perdidas con estas actuacións e construír unha praza con zonas verdes no entorno da rúa San Xosé, son outras das propostas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/20/varela_accesos_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/20/varela_accesos_villa.mp4{/flowplayer}






