Kiko da Silva inspírase na arte contemporánea para realizar o cartel do Entroido pontevedrés

PONTEVEDRA> Conta atrás para que chegue o Entroido. O Concello de Pontevedra presentou esta mañá o cartaz desta edición. O seu autor, Kiko da Silva inspirouse este ano na arte contemporánea. Pola súa banda, o pregón correrá a cargo da Asociación Recreativa de Xeve.

Este é o cartel do Entroido de 2020. Unha obra de Kiko da Silva inspirada nesta performance artística de Maurizio Cattelan.

Comedian, a obra de Maurizio Cattelan foi poxada por 120.000 dólares. Seguindo o seu exemplo, Kiko da Silva anunciou hoxe que tamén se sacará a venda a ilustración orixinal do Loro Ravachol. Iso si, nesta ocasión, todo o recadado será destinado equipo de investigación sobre o cancro do doutor José Manuel Castro Tubío.

O Entroido pontevedrés arrancará con pasarrúas o vindeiro día 14. O pregón levarase a cabo o día 21 e estará a cargo da Asociación Recreativa de Xeve.

Neste Entroido non faltarán as Murgas, a Noite Pirata ou o Enterro do Ravachol. En canto ao desfile, este terá lugar o sábado 22 ás 17:00 horas. Pero ademais das festas tradicionais, este ano o Concello dará máis dunha sorpresa. A primeira darase a coñecer o vindeiro día 19.