Nove grupos participan na XVIII Mostra de Teatro Infantil de Ribeira

    RIBEIRA> Durante a vindeira semana, os escolares de Ribeira converteranse en pequenos artistas que levarán a escena as obras compostas con motivo da Mostra Infantil de Teatro. Nesta decimo oitava edición, son nove os grupos que integran o cartel. Non cabe dúbida de que o teatro ten canteira en Ribeira. Ducias de nenos pertencentes ós grupos de teatro dos colexios e das ANPAS tomarán parte na mostra infantil que se desenvolverá ó longo da próxima semana no auditorio municipal. Nesta decimo edición a mostra contará co grupo de teatro de Bandaseca da Pobra como convidado especial. A mostra chegará á súa fin o venres 29 coa actuación da ANPA do Colexio Bayón trala que terá lugar a cerimonia de entrega de agasallos a tódolos grupos participantes. Dende o concello quixeron agradecer a colaboración de pais, mestres e toda a comunidade educativa que fai posible esta mostra así como da asociación Alfaia que leva anos apoiando a organización deste ciclo teatral.