A campaña ‘Quere o teu mercado’ chega ás prazas de abastos do Barbanza

    POBRA> A Directora Xeral de Comercio, Sol Váquez, presentaba esta mañá a iniciativa que tamén se desenvolverá nas prazas de Ribeira e Boiro. A visita da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, á praza de abastos da Pobra do Caramiñal tiña como principal finalidade presentar a campaña internacional Quere o teu mercado, que se celebra ata o 30 de maio en 16 países de Europa, América e Asia. A Consellería de Economía e Industria impulsa a celebración por primeira vez na comunidade desta iniciativa apoiando diferentes actividades de dinamización en máis de 50 prazas de abastos de toda Galicia, en colaboración cos concellos, as federacións e asociacións de praceiros e a Federación Galega de comercio. Xunto á pobrense, na comarca de Barbanza, participan tamén nesta campaña as prazas de Ribeira e Boiro. Dende o concello pobrense agradéceronlle á Xunta o feito de volver a contar co mercado da localidade para desenvolver este tipo de iniciativas que o que buscan e fomentar e poñer en valor as prazas de abastos como motor da economía local.