A Pobra presenta a programación do ‘Maio das Letras Galegas’

POBRA> Co fin de satisfacer os gustos de tódalas idades, dende pequenos a maiores, a concellería de Cultura que dirixe Patricia Lojo deseñou para este mes de maio, Mes das Letras Galegas, un cartel do máis variado con exposicións, teatro, presentacións e diversas actuacións músicais

A programación arrancará xa este vindeiro venres día 9 coa inauguración da exposición ‘Da Pobra para o mundo’ realizada polo alumnado da escola Fernández Varela na casa da cultura Raquel Fernández Soler.

Un dos días máis destacados na programación será o propio Día das Letras Galegas, o sábado 17, na que o Concello decidiu darlle protagonismo ás agrupacións locais coa actividade ‘Pola vila, de remudas’.

As actividades do maio cultural na Pobra terán continuidade coa estrea da curtametraxe ‘Adeus, Berta’ de Fernando Tato no Cine Elma o día 23, para rematar o día 30 coa presentación do libro gañador do sétima edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro: Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras, ás 12 da mañá no auditorio da biblioteca Victoriano García Martí.