Noia rende culto a un dos seus produtos estrela cas Xornadas de Exaltación do Berberecho

NOIA> Falámoslles agora de gastronomía. Noia renderá novamente culto a un dos seus productos estrela: o berberecho. Será esta mesma semana, dende o xoves 17 ó domingo 20 de outubro, a través dunhas xornadas de exaltación deste producto. A cita está organizada polo Concello e a Confraría de Pescadores da localidade.

Por cuarto ano consecutivo, Noia volverá acoller  as Xornadas de Exaltación do Berberecho. Será dende este xoves ata o domingo con múltiples actividades. A primeira delas o propio xoves coa visita ós bancos de cultivo e á lonxa de Testal dunha representación dos mellores cociñeiros galegos, algún deles con estrela Michelín como é o caso de Fernando Agrasar, do restaurante As Garzas de Malpica.

O venres celebrarase o primeiro congreso desecretarios de confrarías e federacións de Galciia, e o sábado desenvolveranse unhas xornadas técnicas bas que se afondará sobre a comercialización do berberecho de Noia e a súa marca de calidade.

O último día, o domingo farase unha degustación popular como vén sendo costume na Alameda, a que se servirá o berberecho con arroz e en empanada. A ración do produto venderase a un prezo módico de dous euros que irán a beneficio de Cruz Vermella e Cáritas.