Moldes comprométese coa depuradora de Poio diante das mariscadoras

POIO> A promesa dunha depuradora para Poio é unha das propostas estrela do Partido Popular no concello. O candidato Ángel Moldes convocou a mariscadoras da vila para trasladarlles o seu compromiso coa construción desta infraestrutura, clave para mellorar o saneamento das rías. No encontro, Moldes contou co respaldo da Conselleira do Mar, Rosa Quintana.

 

Ángel Moldes trasladou ao sector marisqueiro o seu compromiso coa construción dunha depuradora en Poio. O candidato popular asegurou que, de saír elixido, buscará un emprazamento para facela.

Moldes defendeu a importancia do saneamento das rías para o concello. Por iso, aínda que recoñeceu que haberá problemas para construíla, insistiu no seu compromiso.

Tamén das mariscadoras que asistiron ao encontro, que ven a falta de depuradora como un dos principais problemas de Poio.

Moldes e Quintana insistiron na importancia do sector marisqueiro, que consideraron como a empresa que crea máis postos de traballo en Poio. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/21/pp_poio_mariscadores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/21/pp_poio_mariscadores.mp4{/flowplayer}