Varela despide a campaña arroupado por Óscar López e Pilar Cancela

    VILAGARCÍA> O Partido Socialista de Vilagarcía despediu hoxe a súa campaña electoral. Ademais de polo seu equipo, o candidato Alberto Varela estivo arroupado polo senador socialista Óscar López e por Pilar Cancela, secretaria de organización do PSdeG. Todos xa ven a Varela como o alcalde que sairá das urnas o 24 de maio.

    Optimismo entre os socialistas vilagarciáns no seu peche de campaña: Alberto Varela xa se ve á fronte do goberno local.

    Ademais de polo seu equipo, tanto Ferraz como O Pino enviaron representantes para arroupar ao debutante arousán. O senador Óscar López e a secretaria de organización do PSdeG Pilar Cancela, confían tamén no triunfo do socialismo.

    O alcaldable socialista volveuse presentar como a alternativa lóxica a Tomás Fole, prometendo proximidade e diálogo cos veciños.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/21/almorzo_psoe_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/21/almorzo_psoe_villa.mp4{/flowplayer}