Os traballadores do servizo de limpeza dos hospitais Montecelo e Provincial comezarán a mobilizarse por un convenio xusto

PONTEVEDRA> Os traballadores da limpeza dos hospitais Provincial e Montecelo de Pontevedra manifestaranse para esixir un novo convenio. Os sindicatos toman esta decisión trala negativa da empresa a continuar coas negociacións. Ademais tamén piden mellores condicións laborais debido o risco que corren ao traballar con enfermos covid.

As negociacións polo novo convenio para os traballadores de limpeza do hospital Montecelo e Pronvincial están totalmente rotas. Tras catro reunións, os sindicatos maioritarios denuncian que Acciona, empresa que xestiona o servizo, non acepta ningunha das súas reivindicacións.

Os sindicatos denuncian que a empresa non acepta a suba salarial cando nos hospitais de Vigo, tras o último convenio, os traballadores cobrarán entre 600 e 800 euros máis ao ano. Tamén esixen mellores condicións laborais e a contratación de máis persoal, xa que durante a pandemia, están sufrindo un importante incremento de carga de traballo.

De feito, sinalan, que son o sector que máis exposto está ao virus e, sen embargo, nos seus contratos non teñen un incremento de perigosidade.

Por toda esta situación, e trala rotura das negociacións, os traballadores comezarán a mobilizarse diante do hospital nas vindeiras semanas.

Os traballadores tamén critican a xestión que a empresa fai do servizo para cubrir vacantes e da contratación de traballadores temporais. Todos estes motivos levan aos sindicatos a mobilizarse para esixir un convenio xusto e digno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí