Localizan o cadáver dun home na ría de Pontevedra, á altura de Raxó

POIO> Localizan o cadáver dun home na ría de Pontevedra, á altura de Raxó (Poio).

O corpo foi rescatado por efectivos do Servizo Marítimo da Garda Civil de Pontevedra. Trátase dun home de entre 35 e 45 anos que viste roupa de deporte, pero que aínda non foi identificado.

Foi localizado por unha parella que se dirixía ao seu barco e que deu a voz de alarma tras ver o corpo flotando.

Os efectivos da Garda Civil trasladárono ao peirao de Raxó. Agora están á espera de que a autoridade xudicial ordene o levantamento do cadáver.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí