O concello pobrés colabora no proxecto do Hospital Santiago Apóstol de Bolivia

    hospitalpotosi_100_300507.jpgPOBRA > O bispo da Diócese de Potosí, Monseñor Walter Pérez, achegouse á Pobra do Caramiñal para presenta-lo proxecto do Hospital Santiago Apostol …

    … de Galicia que será destinado a mellora-la atención sanitaria de persoas necesitadas en Bolivia. O edificio, que foi deseñado polo arquitecto do concello pobrés, poderá ser construído grazas en parte ás aportacións realizadas por particulares e distintas institucións galegas.

    O bispo de Potosí visitaba hai aproximadamente un ano o concello da Pobra do Caramiñal. Daquela o motivo da súa visita non era outro que tratar de recadar fondos para a construción dun hospital na súa Diócese en Bolivia. Un ano despois regresou á Pobra en sinal de agradecemento ó concello pola axuda prestada, e que posibilitou en parte a construción dun hospital para os máis necesitados.

    Segundo Monseñor Walter Pérez o diñeiro necesario para a construción dese centro hospitalario foi posible grazas ás aportacións realizadas en Galicia, destacando a axuda conseguida na Pobra do Caramiñal que ascendeu a uns sete mil euros, e a mediación do propio alcalde, que actuou de intermediario diante das distintas administracións.

    O alcalde pobrés, Isaac Maceiras, amosou a súa ledicia porque esta obra poida ser realizada, e que os habitantes desta cidadé boliviana duns 800 mil habitantes poidan mellora-las súas condicións de vida.

    Redacción Barbanza