Comisan seis mil quilos de sardiña en Porto do Son

PORTO DO SON> O Servizo Marítimo da Garda Civil, en colaboración co Servizo de Gardacostas, comisaron uns seis mil quilos de sardiña en Porto do Son.

Nun operativo de control os axentes destes dous corpos  detectaron a un barco do cerco introducindo capturas a bordo antes do mediodía, hora que fixa a actual normativa pesqueira para o inicio da actividade para este tipo de arte de pesca.

Unha vez atracado en porto, comprobouse que o volume de capturas excedía o tope máximo de capturas diario establecido pola Secretaría Xeral de Pesca en 1.500 quilo para os pesqueiros con nove ou máis tripulantes.

Por esta razón procedeuse a realización das correspondentes actas de infracción e o peixe comisado foi entregado a un banco de alimentos de Santiago

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí