Arousa Norte será sede da Escola de Turismo Itinerante

    BOIRO> O director de Competitividade de Turismo de Galicia, Jose Luis Maestro, foi o encargado de presentar esta iniciativa promovida dque busca mellorar a formación do persoal das empresas do sector turístico da comarca. Arousa Norte será un dos sete xeodestinos no que Turismo de Galicia vai desenvolver esta Escola de Turismo Itinerante. O acto contou coa presenza do director de Competitividade de Turismo de Galicia, Jose Luis Maestro, que foi o encargado de explicarlle ós responsables dos establecementos de restauración da zona en que consiste este proxecto, así como o seu Plan de Formación para este 2015, dando a coñecer ademais os diferentes cursos que se convocarán para este ano. Segundo el trátase dunha iniciativa que nace co obxectivo de facilitarlle o acceso á formación ás empresas do sector, contribuíndo a mellora da capacitación e a imaxe do destino Galicia. No acto contouse tamén coa participación do alcalde de Boiro e presidente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Xoán Xosé Dieste, que destacou esta iniciativa que está desenvolvendo Turismo de Galicia que aposta pola formación no sector turístico e hostaleiro de cara a conseguir un sector competitivo. Ademais de Arousa Norte realizaranse tamén sesión informativas na Costa da Morte, na comarca de Muros-Noia, na Mariña Lucense, na Ribeira Sacra e na ruta do viño de Monterrei e Valdeorras.