Ribeira pide ó Goberno Central maior flexibilidade á hora de empregar o seu superavit

RIBEIRA> O executivo local continúa cos traballos de desinfección de vías públicas e mobiliario urbano. Dende o Concello tamén se traballa na limpeza de vehículos municipais para evitar posibles contaxios.

O alcalde informou de que están a buscar unha solución axeitada tamén para darlle cobertura ás persoas en situación de vulnerabilidade social como é o caso de toxicómanos. e dende o Concello faise un chamamento  tamén á veciñanza para que informe daqueles casos de persoas que necesitan axuda para a compra de alimentos ou medicamentos, así como para calquera outro servizo.

O rexedor  tamén se lle solicitou ó Goberno Central que estude a posibilidade de autorizar ós concellos a empregar o seu superávit nunha maior contía da que agora se lle vai permitir co fin de contar con máis recursos para facer foente ó estado de emerxencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí