Esta fin de semana disputarase a regata Gran Faro de Corrubedo

PIBEIRA> Esta fin de semana disputarase unha das regatas máis emblemáticas: o Gran Trofeo Faro de Corrubedo, organizada conxuntamente polos náuticos de Portosín e Ribeira, e patrocinada pola empresa conserveira Frinsa. A proba, na que xa hai inscritos ó redor duns vinte barcos pertencentes ás clases regata, regata-cruceiro e cruceiro, de distintos clubs da zona, dividirase en dúas etapas. O sábado terá lugar un primeiro percorrido costeiro co saída dende as inmediacións do náutico sonense e que levará ós participantes dende a ría de Muros-Noia ata a de Arousa, tendo coma testemuño ó propio Faro de Corrubedo. A segunda das etapas será o domingo, coa disputa de dous barlovento-sotavento pola ría arousá.