![]()
POBRA > O concelleiro de Servizos da Pobra do Caramiñal, Andrés Millán, supervisou os traballos de derrube do local provisional no que se instalaron os vendedores do mercado municipal ata o remate das obras de construcción da nova praza de abastos, inaugurada recentemente.
O concelleiro de Servizos pobrés estivo supervisando as obras de derrube do local que acolleu provisionalmente ós vendedores do mercado mentres se acometeron as obras de construcción da nova praza de abastos da localidade.
As instalacións provisionais atopábanse ubicadas a escasos metros do vello mercado, nun local na rúa Castelao propiedade da familia Maestú, que llas cedeu ó concello durante este tempo.
A intención do executivo local pasa fundamentalmente por acometer de inmediato o proxecto de mellora da rúa Castelao, dende a actual parada de taxis nos xardíns de Valle-Inclán ata a estatua da muller traballadora, no comezo do Paseo do Areal.
A actuación, cun orzamento duns 480 mil euros, será asumida pola empresa Aquagest despois do convenio asinado hai uns meses co executivo local.
Redacción Barbanza








