O PSOE impugna a anulación de dous votos que lle darían a maioría absoluta

    CALDAS> En Caldas, os resultados das eleccións do 24 de maio non son definitivos. De feito, aínda hai esperanza para o alcalde, que podería optar á maioría absoluta da que só o separa un voto. O PSOE presentou unha protesta oficial sobre dous votos anulados, ao seu parecer, de xeito erróneo.

    Agora, a Xunta electoral de zona terá que pronunciarse, e farao o vindeiro venres. Hoxe celebrouse nos xulgados pontevedreses de A Parta a sesión de escrutinio da xunta electoral de zona; un encontro no que volveron revisarse os votos anulados por mesa e os delegados do PSOE volveron presentar unha reclamación. As papeletas en cuestión son dous votos para os socialistas que apareceron na mesma urna da mesma mesa de Caldas cun anaco cortado ao final da lista cos candidatos. A hipótese que se manexa é que son votos depositados por membros da mesma familia.