Botón de Áncora celebrou unha exitosa gala benéfica para recadar xoguetes para os máis pequenos

MARIN> Os nenos e nenas máis necesitados de Marín poderán recibir regalos de reis grazas á asociación cultural e Gastronómica Botón de Áncora. A asociación celebrou esta fin de semana a súa III Gran Gala benéfica co obxectivo de recadar cartos ou xoguetes para destinar aos máis pequenos. Un total de 22 artistas actuaron na gal.

Dentro das actividades que realiza a asociación cultural e gastronómica botón de áncora unha das máis importantes ten lugar no nadal. A asociación organiza a súa gala benéfica ‘fai realidade a súa ilusión’ co obxectivo de recadar xoguetes para os nenos e nenas máis pequenos da vila.

Dita gala tivo lugar esta fin de semana cunha gran acollida. En total foron 22 os artistas que pasaron polo escenario do praninfo do Instituto Illa de Tambo para o goce de un gran número de asistentes que non se quixeron perder o espectáculo.

A gala estivo presentada por Fernando Martínez Sena, Nerea Pavón e Candea Santiago, que se encargaron de dirixir un evento polo que pasaron artistas coñecidos na zona como José Cerviño, Toni ‘O gaiteiro Moderno’ ou Luís Moreta. Os espectáculos incluían todo tipo de espectáculos como música, humor e baile.

A gala é o broche e final á cuarta campaña de recollida de bonecos que comezou a asociación hai unhas semanas. Os visitantes entraron de balde ao espectáculo pero tiñan que aportar unha doazón ou un xoguetes. Os cartos recadados serán empregados para mercar xoguetes, que xuntos coas doados na gala ou anteriormente, serán repartidos entre os nenos e nenas máis necesitados de Marín durante o día de reis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí