O pleno aprobará de xeito definitivo os orzamentos este venres

Pontevedra> A aprobación definitiva dos orzamentos, unha moción do BNG, 4 do PP, 4 do PSOE, 2 de en Marea e unha de Ciudadanos conformarán a orde do día do pleno deste venres en Pontevedra. Algúns dos temas que estará sobre a mesa será a nova ordenanza de veladores, o incremento no número de traballadores sociais do concello e o apoio ás vivendas turísticas de Galicia 

 

O venres 27 de xaneiro o Teatro Principal acollerá o pleno da corporación. Un pleno onde se aprobarán de xeito definitivo os orzamentos do concello para o 2017. Ademais o BNG presentará unha moción centrada no apoio ás vivendas turísticas de Galicia. O PP presentará 4, unha delas pola creación dun pacto contra a pobreza, outra instando á corporación a gratuidade das actividades para as persoas sen recursos, o arranxo da rúa Avelino Montero e a nova ordenanza de veladores. O PSOE levará a pleno outras 4 mocións solicitando un incremento no número de traballadores sociais, un punto de encontro xudicial en Pontevedra, analizarán a situación do campo de fútbol de Pontesampaio, e levarán ao pleno as propostas aos orzamentos da Xunta. Marea presentará duas mocións,unha centrada en abris os xardíns da UNED  en Monteporreiro e outra para impulsar unha ordenanza específica de protocolo animal e por últomo Ciudadanos presentará unha moción co fin de colocar cambiadores nos aseos de homes e mulleres. Con todas estas mocións queda patente que o regulamento para reducir as propostas de cada partido aínda non está posto en marcha. 

Dende o concello agardan poder chegar a un acordo no vindeiro mes para así comezar a aplicar o novo regulamento que cambiaría de día a celebración do pleno, levándoo aos venres, e limitaría o tempo de intervención e número de mocións que cada partido pode levar a pleno. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/24/xunta_voceiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/24/xunta_voceiros.mp4{/flowplayer}