Pais e alumnos saen á rúa en contra da reválida de primaria

    BOIRO> Na comarca do Barbanza, a comunidade educativa levou as súas protestas á rúa. Un numeroso grupo de pais do colexio de Santa Baia, en Boiro, concentrouse ás portas do centro educativo. A maior parte dos pais rexeitan esta reválida por considerala densa e demasido esixente. E que mellor maneira de facelo visible a través dunha concentración como a protagonizada esta mañá ás portas do Santa Baia de Boiro. Máis aló do berro de protesta, os pais optaron por non levar ós nenos a clase como única medida para evitar que pasen esta proba. Entenden que non é preciso un exame tan esixente para avaliar as capacidades dun alumno de oito anos. Para determinalas non basta máis que co seguimento que se realiza ó longo de todo o ano a cargo dos mestres e titores.