Ribeira prepárase para unha nova marea verde

RIBEIRA> Esta mañá presentábase en Ribeira a terceira edición da Marcha contra o Cancro que organiza a asociación local e que terá lugar o sábado 26 deste mes de outubro.

Será unha ruta circular aberta a toda a veciñanza con saída dende a avenida do Malecón ás seis da tarde.

Coa cita, o que se busca é fomentar o deporte e a actividade física, e, de paso, tratar de recadar o máximo  de fondos posibles para destinalos á loita contra esta enfermidade a través das inscricións, e a venda de diverso merchaindising.

Dende a organización destacaron o apoio e a colaboración do Concello, e a asociación de veciños de Carreira e a Abraham Benítez, que fan posible que a cita poida levarse a cabo un ano máis.

Nesta edición a Asociación Contra o Cancro de Ribeira decidiu homenaxear e recoñecer o labor do Club Cidade de Ribeira.