O PSOE buscará acordos coas outras formacións pero non renunciará á alcaldía

    CAMBADOS> O PSOE de Cambados xa iniciou contactos con BNG, Cambados Pode e Somos Cambados para plantexar a formación dun goberno conxunto. O acordo entre estas forzas sería o único xeito de desbancar a Luis Aragunde e ao Partido Popular da alcaldía, despois de que o 24 de maio perdera a maioría absoluta. A líder socialista, Fátima Abal, está disposta a falar de todo cos outros partidos. A única liña vermella é a renuncia a alcaldía.

     

    Catro días despois das eleccións municipais, en Cambados o escenario político segue aberto. Dende o Partido Socialista xa se iniciaron os contactos con BNG, Cambados Pode e Somos Cambados, pero aínda queda moito camiño por diante.

    Este cuatripartito sería o único xeito de desbancar ao Partido Popular e a Luis Aragunde da alcaldía. Un acordo que, segundo Fátima Abal, ten posibilidades.

    A líder socialista ve confluencia entre os programas das outras forzas e o seu. Maior transparencia, incrementar as partidas sociais ou a creación de emprego, son os piares das propostas que as catro formacións presentaron aos veciños.

    BNG e Somos Cambados xa expresaron a súa vontade de buscar un pacto cos socialistas. Menos claro é Cambados Pode, formación que nace do centro dereita.

    Fátima Abal agarda poder manter un encontro a catro bandas coas demais formacións a mediados da vindeira semana, para empezar a trazar as liñas mestras deste posible pacto que arrebataría a alcaldía aos populares nun dos seus bastións.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/28/pactos_concello_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/28/pactos_concello_cambados.mp4{/flowplayer}