O ‘Mes dos Libros’ achega ata Ribeira numerosas propostas para o fomento da lectura

RIBEIRA> O mes de abril chega a Ribeira cheo de cultura. O programa ‘Abril, mes dos Libros’ ofrece unha serie de propostas encamiñadas principalmente ó fomento da lectura en lingua galega.

A maior parte das actividades enmarcadas no Mes dos libros están dirixidas a escolares e público familiar co fin de fomentar os hábitos de lectura dende ben cedo, Así, os contacontos infantís e os espectáculos teatrais compoñen boa parte da programación deste abril en Ribeira.

Tamén en abril terán lugar os intercambios escolares do Eixo Atlántico cun visita de estudantes portugueses. A música virá complementar a oferta cultural de abril co musical ‘Unha noite na eira do Trigo’ en homenaxe a Los Tamara que terá lugar o día 22.

Terá lugar tamén un obradoiro sobre balneoterapia en colaboración coa Universidade de Santiago así como os talleres escolares ‘Cóntoche un Traxe’ que impartirá Montse Rivera no museo municipal.