Ciudadanos non integrará gobernos que non encabece

    RIBEIRA> Preséntase complicada a situación para a gobernabilidade de Ribeira. Malia que a agrupación de Ciudadanos aínda non manifestou a súa vontade, o comité rexional do partido emitiu un comunicado sentando as bases para posibles acordos post-electorais. A organización non formará parte de ningún goberno que non encabece. Ademais, a dirección do partido establece como condición previa a calquera negociación a aceptación do acordo pola rexeneración democrática. Isto implica, o afastamento de calquera responsabilidade pública ós imputados en casos de corrupción. O outro dos requisitos pasa por non negociar con forzas que ‘non aposten pola unidade de España’ polo que as conversas cos partidos nacionalistas non parecen viables. En calquera caso, Ciudadanos someterá calquera futura decisión á aprobación do comité executivo do partido.