bOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro realizou unha valoración moi positiva dos resultados electorais que lle outorgaron á formación independente dous edís. O seu candidato, Manuel Velo, destacou que son a única forza que medra en votos e número de representantes. A pesar da ampla maioría absoluta acadada polo Partido Popular, Iniciativa Cidadá de Boiro interpreta os resultados electorais en clave positiva. O incremento de electores que se destacaron polo partido encabezado por Velo permitiulle acadar un novo representante. Cos dous concelleiros que contarán nesta lexislatura pretenderán buscar o apoio do resto da corporación para levar a cabo moitas das súas propostas como a revisión á baixa dos impostos ou o incremento das axudas ás pemes. Neste sentido referiuse á ampliación de Jealsa que será positiva para o concello. Nesta mesma liña, pide á Xunta de Galicia que apoie de igual xeito o crecemento doutras empresas do municipio.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










