Renacer conmemora o Día Mundial sen Tabaco alertando dos seus riscos

    RIBEIRA> Como cada ano, a asociación Renacer celebra o Día Mundial Sen Tabaco. A través de mesas informativas e reparto de material pretenden concienciar ós cidadáns dos prexuízos deste hábito que causa seis millóns de mortes ó ano en todo o mundo. A organización Mundial da Saúde celebra cada trinta e un de maio o Día Mundial sen Tabaco. Ó coincidir en domingo, a asociación Renacer de Ribeira, decidiu adiantar a conmemoración desta efeméride co obxectivo de chegar a máis xente. A través destas mesas informativas, explicaron ós viandantes as nocivas consecuencias de fumar. Ademais ofreceron ós fumadores o intercambio de cigarros por caramelos e, os que o desexaron, puideron realizar unha sinxela proba para medir o nivel de monóxido de carbono no organismo. Precisamente para aqueles con maior grado dependencia a Unidade Asistencial de drogodependencias conta cun programa especializado así como terapias de grupo, como apoio para deixar o tabaquismo. A unidade colabora con Renacer a través de distintas campañas para promover a adopción de hábitos de vida saudables.