A nai de Diana Quer declara en Ribeira en relación coa custodia da súa filla menor

    RIBEIRA> Satisfeita e contenta, así dixo sentirse Diana López-Pinel tras declarar en calidade de investigada ante a xuíza do Número 2 de Ribeira, que desde o 1 de setembro lle retirou a custodia da súa filla menor. Asegurou que a investigación pola desaparición da súa filla maior, Diana, vai lenta, pero avanza. Dez días despois de deixar a súa casa de Cabío, na Pobra, onde veraneaba cando desapareceu a súa filla, Diana López-Pinel volvía de Madrid á localidade pobrense. Este venres, pouco antes das dez, entraba nos xulgados de Ribeira acompañada polo seu avogado, Pedro Víctor de Bernardo. Dúas horas e media despois, saía do xulgado tras declarar en calidade de investigada, o que anteriormente se coñecía como imputada, ante a xuíza de instrución do número 2 que leva o caso da custodia da filla menor dos pais de Diana. Acompañada polo seu avogado, apresurados e sen deterse case a falar cos medios, afirmaron que están contentos co desenvolvemento da declaración. Sobre os detalles da declaración, non quixo profundizar, pero asegurou que agarda recuperar a patria potestade de súa filla pequena. Desde hai dúas semanas a custodia de Valeria Quer, a irmá menor da moza desaparecida, pertence ao pai das rapazas, Juan Carlos Quer, despois de acceder a xuíza a un informe forense sobre o estado físico e anímico da menor. Hai dous días, a que foi citada nestes xulgados foi Valeria, que chegou acompañada polo seu pai, quen acusou á súa ex muller de manipular ás rapazas. Este é o desexo de Diana López Pinel, tras perder ás súas dúas fillas en menos de dúas semanas. Sobre a desaparición da súa filla maior, caso que leva o Xulgado número 1 de Ribeira, e que de momento non ten pensado citar a máis testemuñas, asegura que se sente esperanzada. Diana López-Pinel marchaba dos xulgados nun vehículo, tras fundirse nun abrazo cunha amiga que a acompañou nesta viaxe a Galicia. Sobre a desaparición de Diana Quer faloui hoxe tamén o delegado do goberno en Galicia, Santiago Villanueva, quen desmetiu que houbera ningún dato sobre o perfil da persoa coa que, supostamente, Diana subiría nun vehículo a madrugada do 22 de agosto, tal e como se publicara nalgúns medios. Reiterou tamén que tódalas hipóteses se manteñen, a día de hoxe, abertas arredor da desaparición da moza madrileña.